A sección de Arquitectura do Consello da Cultura Galega organiza as <a href="http://consellodacultura.org/?page_id=169">xornadas Arquitectura desde Galicia</a> dentro do proxecto Cultura, Arquitectura e Identidade. Nos vindeiros 21 e 22 de Novembro, no salón de actos do Consello da Cultura Galega, analizarase a obra de diferentes autores galegos e debatirase a relación entre a arquitectura e a súa intervención na paisaxe e cidade. Autores como Andrés Fernández-Albalat, César Portela, Manolo Gallego, Celestino García Braña, Xosé Manuel Casabella, Iago Seara, Fernando Blanco, Alberto Noguerol, Pilar Díez, Alfonso Penela, Alfredo Freixedo, Jesús Irisarri, Guadalupe Piñera e Carlos Quintáns estarán presentes nas xornadas, así como unha representación das novas xeracións nunha mesa redonda formada por Xoán Creus, Belinda Besada, José Antonio Vázquez, Pablo Gallego e Alfonso Salgado. A inscrición é gratuíta a través desta web e está aberta ata o día 21 de Novembro.

