Novas actividades en Carballo para a socialización da infancia en galego
18/1/2016
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo presenta a programación trimestral de actividades de Apego, que se desenvolverán durante os meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2016 co obxectivo de fomentar a socialización da infancia en galego. O programa, que inclúe un total de 17 iniciativas (espectáculos musicais, teatro, contacontos, charlas informativas, obradoiros…) está dirixido tanto aos máis pequenos/as, como ás súas familias.