A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convocan unha nova edición dos premios a curtas de animación en galego “Nós tamén creamos!”. A convocatoria, dirixida a todos os centros educativos galegos de infantil e primaria, ten como obxectivos promover unha imaxe positiva da lingua galega e estimular o seu uso en novos ámbitos e formatos. Outorgaranse tres premios, segundo o ciclo educativo, e os centros premiados recibirán un lote de libros de OQOeditora, un agasallo da TVG e mais un diploma acreditativo expedido pola SXPL. As curtas gañadoras serán emitidas na TVG. O prazo para enviar os traballos remata o 30 de abril de 2016.