O Plenario é o máximo órgano de goberno do Consello da Cultura Galega. Os cambios da súa composición teñen lugar en cumprimento da Lei de creación do Consello da Cultura Galega(Lei/1983, do 8 de xullo), que está composto por entidades, responsables da elección dos seus representantes, así como por persoas representativas da cultura galega. Esa mesma lei establece a renovación da súa composición, por metades, cada dous anos.


