----

O Consello da Cultura Galega estrea redeseño do sitio web

O Consello da Cultura Galega estrea unha nova cara do seu sitio web. As premisas do cambio son potenciar a accesibilidade do sitio web, a facilidade de acceso e de lectura e a inmediatez na actualización dos seus contidos. O redeseño afectará de xeito integral á totalidade do sitio web do CCG, e estase a realizar en fases sucesivas que comezan agora e que rematarán nos primeiros meses de 2008.


<!--more-->

A primeira etapa, que se presenta agora, facilita o acceso á información corporativa e ás novidades de axenda e de eventos do CCG. Na segunda fase, a finais de novembro, os internautas poderán acceder a unha mellorada Mediateca, que concentrará a produción editorial do CCG xunto con material audiovisual extraído dos seus eventos públicos. A terceira fase, xa en pleno 2008, mellorará os sitios web dos Arquivos do CCG e integrará moito máis o día a día da produción e das actividades do Consello no seu web corporativo.

Entrementres, pode transmitir aos responsables do web as súas suxestións sobre o redeseño e a súa opinión ao respecto, escribindo a <a href="mailto:web@consellodacultura.org.">web@consellodacultura.org.</a>