As entradas deste concerto poderanse retirar desde mañá xoves, 5 maio, de luns a venres en horario de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas na Taquilla Central da Praza de Ourense.
A sexta edición do Concerto das Letras Galegas terá lugar o 17 de maio no Teatro Rosalía ás 21:00 horas. Consiste nun concerto de Milladoiro cun programa en que, alén de repasar a súa traxectoria, ofrecerá varias pezas do disco titulado Unha estrela por guía. Editado en 2007, consistía nunha homenaxe ao poeta lucense e percorría musicalmente libros como “Cancións do Lusco ao Fusco”, “Sonetos á casa de Hortas” ou “As rúas do vento ceibe”.


