Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2007.- O profesor Ignacio Pérez Arriaga, directror da Cátedra BP de Desenvolvemento Sostible-Instituto de Investigación Tecnológica-Universidade Pontifica de Comillas, falará o día 25 de outubro en Ferrol sobre FONTES DE ENERXÍA PARA UN PLANETA SOSTIBLE.
A conferencia, que comenzará ás 19 horas e realizarase no salón de actos do campus de Esteiro-Ferrol, forma parte do ciclo CULTURA CONCIENCIA, organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) e a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (INCITE) da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
<!--more-->
O ciclo, coordinado polo profesor Domingo Docampo, ex-rector da Universidade de Vigo, ven desenvolvéndose nas principais cidades galegas.
CURRICULUM DE PÉREZ ARRIAGA
José Ignacio Pérez Arriaga (Madrid, 1948). É Inxeñeiro Industrial Eléctrico do ICAI (Universidad Pontificia Comillas), e PhD e Master of Science en Inxeñeiría Eléctrica polo Massachusetts Institute of Technology (MIT, EE.UU.). Foi fundador e Director durante 11 años do Instituto de Investigación Tecnológica (IIT) da Universidad Pontificia Comillas, onde foi Vicerrector de Investigación e actualmente é Profesor propio ordinario e Director da Cátedra BP de Desenvolvemento Sostible.
Foi Vocal da Comisión Nacional do Sistema Eléctrico español. É Académico de número da Real Academia Española de Ingeniería e Fellow do Institute of Electrical and Electronic Engineers (IEEE). Director e profesor do Programa de Master en “Gestión Técnica y Económica en el Sector Eléctrico” en Comillas e Director do Curso de Formación de Reguladores na Florence School of Regulation (Universidade Europea en Florencia). Membro do European Energy Institute, un “think tank” académico de alto nivel que proporciona orientación á Comisión Europea e a institucións nacionais en materia de estratexia enerxética. Foi designado polo Goberno español para elaborar un Libro Blanco para a reforma da regulación do sector eléctrico en España.
Dirixiu 50 proxectos de investigación, publicou máis de 100 artigos en revistas e conferencias internacionales, dictou cursos e realizou actividades de consultoría en máis de 30 países. As súas áreas actuais de interese céntranse nos aspectos económicos e regulatorios do sector eléctrico, incluíndo o deseño e uso de modelos de explotación, planificación e fiabilidade, no deseño de mercados rexionais de electricidade e nas implicacións sobre a sostenibilidade do actual modelo enerxético.
Máis información sobre o profesor Pérez Arriaga en:
http://www.iit.upcomillas.es/ignacio/

