Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2007.- O profesor Ricard Guerrero, catedrático de Microbioloxía da Universidade de Barcelona e Professor of Graduate Studies da University of Massachssets-Amherst, falará o xoves, día 18 de outubro, en Ourense sobre ALIMENTOS, MICROBIOS E BIOTECNOLOXÍA. PERSPECTIVAS PARA O SÉCULO XXI.O acto comenzará ás 19 horas e realizarase na Biblioteca Central do campus universitario, en As Lagoas-Ourense.
<!--more-->
A conferencia forma parte do ciclo CULTURA CONCIENCIA, organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) e a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (INCITE) da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
O ciclo, coordinado polo profesor Domingo Docampo, ex-rector da Universidade de Vigo, ven desenvolvéndose nas principais cidades galegas.
Curriculum de Ricard Guerrero
Catedrático de Microbioloxía da Universidade de Barcelona e Professor of Graduate Studies de la University of Massachusetts-Amherst. Foi catedrático de Microbioloxía da Universitat Autònoma de Barcelona. Membro do Institut d’Estudis Catalans, presidente da Fundación Alsina Bofill, e Fellow da Linnean Society de Londres. Miembro da American Academy of Microbiology. Foi presidente da Sociedad Catalana de Bioloxía, vicepresidente fundador da Sociedad Española de Biotecnología, e actualmente dirixe a revista International Microbiology, da Sociedad Española de Microbiología. Premio Narcís Monturiol de investigación científica da Generalitat de Catalunya. Autor de 250 artigos en libros e revistas internacionais sobre ecoloxía, xenética e fisioloxía bacterianas. Os seus estudios sobre ecoloxía microbiana das comunidades fotosintéticas anaeróbicas da zona cárstica de Banyoles e dos tapetes microbianos do Delta do Ebro contribuíron de xeito destacado ao coñecemento das primeiras etapas da vida dos microorganismos sobre a Tierra, e a que a comunidade científica internacional se ocupe deses ecosistemas. Ademais do seu labor investigador e docente en microbioloxía, desenvolveu diversas actividades en programas de comunicación científica e de percepción social da ciencia. Foi profesor do Máster de Comunicación Científica da UPF desde o seu inicio. Escribiu numerosos artigos en libros e revistas sobre temas de divulgación e de comunicación científicas. É membro do Comité xestor de varios proxectos de educación no ámbito da microbioloxía en Estados Unidos. Actualmente desenvolve dous proxectos (subvencionado un pola CIRIT de la Generalitat de Catalunya e o outro pola FECYT, do Ministerio de Ciencia y Tecnología) para ensinanza e actualización da ciencia e técnica microbiolóxicas a través de Internet (proxectos MicroNet y MicroBios, respectivamente).
Máis información sobre o profesor Ricard Guerrero en: http://www.rubes.es/cursos/divulgadores/09prof.htm

