O orzamento do Consello da Cultura Galega para o ano 2015 ascende a 2 374 447 euros. A contía mantense con respecto a 2014. A xustificación das actividades de 2014 e os orzamentos para 2015 foi explicada polo seu presidente, Ramón Villares, na Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia, no marco das sesións informativas en relación co Proxecto de Lei de orzamentos, o día 6 de novembro de 2014.
Consulta a Lei de Orzamentos (en pdf)


