----

O 4 de Outubro, en Pontevedra, conferencia de Anxo Carracedo sobre "CSI Made in Galicia: Qué se pode saber a través do ADN"

Dentro do ciclo de conferencias CULTURA CONCIENCIA, Anxo Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, falará sobre “CSI MADE IN GALICIA: QUÉ SE PODE SABER A TRAVÉS DO ADN”. Será o día 4 de outubro ás 19 horas na Casa das Campás (rúa de Don Filiberto, s/n) en Pontevedra.O ciclo de conferencias, ao abeiro do Ano da Ciencia, foi organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) e a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación no marco das actividades do Programa de Comunicación e Sensibilización Social do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (IN.CI.TE.-Innovación, Ciencia e Tecnoloxía).


<!--more-->

ANXO CARRACEDO ÁLVAREZ

Naceu en Santa Comba (A Coruña) no ano 1955. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago no ano 1978 con Premio Extraordinario, e acadou o grado de doutor na mesma universidade no ano 1982, logo de unha estadía predoutoral na Universidade de Uppsala, e tamén con Premio Extraordinario. Catedrático de Medicina Legal no ano 1989 adscrito a Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1998 dirixe o Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela. Na primeira etapa da sua carreira profesional adicouse á Xenética forense e á xenética de poboacións onde acadou pronto unha gran sona internacional, sendo o grupo que coordina de Xenética forense (http://forense.xenomica.org/) o de mais número de publicacións e mais impacto a nivel mundial nos últimos 15 anos, ao realizar mais de dúas mil pericias en xenética forense. Promoveu a creación do Grupo Español e Portugués de Xenética forense que integrou na Sociedade Internacional de Genética Forense (http://www.isfg.org), de cuxo consello é membro desde o ano 1989 e que presidiu no periodo 1999-2003. Actualmente é vicepresidente. É tamén vicepresidente de Academia Internacional de Medicina Legal e membro do consello ou menbro de honor de moitas sociedades de Medicina Legal e Xenética de todo o mundo. Desde finais da década dos 80 comenzou tamén a adicarse a Xenética Clínica que culminou ca creación da Fundación Pública de Medicina Xenómica da Consellería de Sanidade (http://fundacion.xenomica.org/) da que é o director executivo, promevendo unha estructura da xenética en Galicia que é actualmente imitada por moitos outros sistemas de saúde. O centro é español que mais probas de enfermedades xenéticas realiza.Na sua laboura de investigación cultivou, ademais da xenética forense e de poboacións, a xenética clínica, xenética do cancro e a xenética das enfermidades comúns principalmente neuropsiquiátricas, o que o levou a conseguir para Galicia un dos tres nodos do Centro Nacional de Xenotipado (http://www.cegen.org), un centro de investigación financiado por Genoma España, fundación dependente dos Ministerios de Sanidade e Industria para a investigación en enfermedades complexas e farmacoxenética. Neste último campo, que centra moitos dos seus esforzos recentes, promoveu en España a organización desta actividade e actualmente é presidente da Sociedade Española de Farmacoxenética e Farmacoxenómica. O grupo de investigación que coordina (Grupo de Medicina Xenómica, http://forense.xenomica.org/), integrado no CIBER de Enfermedades Raras (CIBERER, ISCIII) é un grupo moi amplio, de mais de 80 científicos que se adican á investigación en xenética básica e aplicada á medicina) cunha excelente producción científica con traballos recente en revistas como NATURE ou SCIENCE.. Na súa traxectoria publicou 10 libros e mais de 300 traballos de investigación. É editor da revista FSI: Genetics e editor asociado ou membro do consello editorial de mais de 15 revistas internacionais de Medicina Legal e Xenética.É membro de moitas comisións nacionais e internacionais, impartiu conferencias e talleres por todo o mundo, e dirixiu 40 tesis doctorais, dez de elas con premio extraordinario. Recibiu mumerosos premios entre eles a Medalla Castelao, Medalla de Plata de Galicia, o Premio Varela de Montes de Investigación en Medicina, a Medalla ao Mérito Policial con distintivo blanco, a Medalla de ouro da Terra de Xallas, o título de fillo predilecto de Santa Comba e diversos premios otorgados por sociedades científicas de todo o mundo.