Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2007.- O Consello da Cultura Galega acolleu hoxe a I XORNADA DA CRÍTICA GALEGA, organizada pola Sección de Crítica Literaria Galega, da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
Nas sesións analizouse a crítica literaria, xornalística e académica en Galicia e falouse tamén da situación nos ámbitos lingüísticos catalán, vasco, español e portugués.
Ao longo das sesións tomaron a palabra: Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Xosé Manuel Eyré, Ramón Nicolás, Arturo Casas, M. Xesús Nogueira, Joan Josep Isern, Iratxe Retolaza, Angel Basanta, Abel Barros Baptista e Olivia Rodríguez.
A xornada forma parte do programa de cooperación entre o Consello da Cultura Galega e a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
A sesión inaugural foi presidida por Ramón Villares, Presidente do CCG.

