----

O Consello da Cultura Galega organiza os días 17 e 18 de xullo as xornadas “A Arquitectura desde Vigo”

<img src="http://127.0.0.1/ccg/wp-content/uploads/2007/10/diazfierros.jpg" alt="diazfierros.jpg" />

<em>Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2007.- </em>Coas xornadas A ARQUITECTURA DESDE VIGO, previstas para os días 17 e 18 de xullo, o Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración coa Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia COAG, continúa o seu programa de análise da actividade arquitectónica e cultural en Galicia na actualidade. Organizadas pola Sección de Arquitectura, as xornadas forman parte do proxecto “Cultura, arquitectura e identidade”, itinerante polas principais cidades galegas. En Vigo o lugar de acollida será o Real Clube Náutico (Avenidas, s/n).

<!--more-->

INICIATIVA PIONEIRA

O proxecto, iniciado o pasado mes de maio en Santiago de Compostela, e continuado en Ourense e A Coruña, supón unha iniciativa pioneira no estudo da arquitectura actual en Galicia, atento ao dinamismo de cada unha das principais áreas urbanas e con referencia especial ás novas xeracións profesionais. <span>As xornadas, abertas e interactivas, incluirán<span> </span>relatorios para a presentación de proxectos de diferentes arquitectos da zona e concluirán cun panel de debate no que intervirán todos os relatores.</span><span>Trátase de considerar a producción arquitectónica e creativa desde unha perspectiva histórica e actual, desde a teoría e a experiencia dos profesionais. Nese sentido o retrato da arquitectura no territorio de Vigo será un pretexto para a reflexión sobre a identidade, o local e o global e a realidade extraterritorial dunha área de especial significación.</span>