Preséntase no CCG a obra “A lingua galega no solpor medieval”
27/2/2017
O Consello da Cultura Galega e o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago presentan A lingua galega no solpor medieval, unha obra editada por Ramón Mariño e Xavier Varela que compila diversos traballos sobre a situación da lingua galega nos séculos XV e XVI, especialmente sobre o abandono do seu uso escrito formal. O acto de presentación terá lugar o vindeiro xoves, 2 de marzo de 2017, ás 12 h, na sede do Consello da Cultura Galega. Podes consultar ou descargar a edición dixital desta obra no web do CCG.