Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2010.- Coa atención posta nas iniciativas da cidadanía e as accións colectivas para a promoción do idioma galego comezaron hoxe os XII Encontros para a Normalización Lingüística, orgnaizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega. As sesións, para as aque se inscribiron 170 especialistas e estudiosos, teñen lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago comezará ás 10 horas do xoves 23 de setembro na Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago. Xunto coas sesións e os debates, quince stands permiten coñecer materiais, propostas, recursos e contidos on-line, que tamén son obxecto de análise nas presentacións do programa “Proxecta”.<!--more-->
As sesións de mañán venres, día 24, comezarán coa presentación “A Rede de Dinamización Lingüística” da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coas intervencións de Cristina Rubal e Valentín García.
Ás 11´15, programa Proxecta. “Toupa net. Cultura para levar”. Sergio Lago e Txiki Calvo.
Ás 12´15 horas, presentaranse “Experiencias de intervención no sector comercial”, coas aportacións de Beatriz Bascoi, Concepción Cochón e Rosa Moreiras, dos Servicios de Normalización Lingüística dos Concellos de Ferrol, Pontevedra e Ames, respectivamente.
Ás 16 horas, Jesús Pérez Seoane e Alberto Dafonte Gómez, de Creatividade Galega, falarán sobre “A identidade como reclamo publicitario.
A xornada e os Encontros concluirán coa mesa de traballo “Mercado e Lingua”, que contará coas contribucións de Malú Bergantiños, de R, Iria Taibo (Abertos ao galego), un representate do Foro Enrique Peinador e Manuel Bermúdez, do Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.
Os Encontros para a Normalización Lingüística, punto de encontro e foro de reflexión, estudo e debate da ampla variedade de asuntos relacionados coa promoción do idioma galego, están dirixidos aos e ás profesionais e estudosos/as da normalización lingüística, aos e ás estudantes e ás persoas interesadas pola problemática e as políticas lingüísticas en Galicia.
Coordinados por Henrique Monteagudo Romero e Susana Mayo Redondo, respectivamente Director e Coordinadora técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, contan tamén coa colaboración da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras da Normalización da Lingua.

