----

O papel das linguas minorizadas no cine abrirá o Congreso sobre Pequenas Cinematografías

Os vindeiros días 20, 21 e 22 de setembro de 2017 terá lugar en Bilbao e Donostia a oitava edición do Congreso Internacional sobre Pequenas Cinematografías, que organiza anualmente a Universidade do País Vasco UPV/EHU. Nesta edición, cuxo programa leva por título "Diversidade nos cines glocais: linguaxe, cultura, identidade", encargarase de impartir o relatorio inaugural Margarita Ledo Andión, que ofrecerá unha mostra do Novo Cinema Galego e reflexionará sobre o papel das linguas minorizadas no cinema. Podes obter máis información sobre esta nova no web da RAG.