Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2010.- A XIIª edición dos Encontros para a Normalización Lingüística comezará ás 10 horas do xoves 23 de setembro na Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago cun total de 170 participantes inscritos. Organizado, como cada ano desde 1998, polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega, este foro de reflexión, estudo e debate prestará atención ás iniciativas da cidadanía e ás accións colectivas en relación coa promoción do idioma galego. As redes sociais, a intervenciòn no sector comercial ou o mercado e a lingua serán algúns dos temas a tratar ao longo de dous días en sesións de mañá e tarde. Quince stands darán a coñecer materiais, propostas, recursos e contidos on-line, que serán tamén obxecto de análise a través das presentacións do programa “Proxecta”.<!--more-->
Logo da inauguración, a cargo de Henrique Monteagudo, Xoán Rivas e Nel Vidal, as sesións abriranse ás 10´15 horas co relatorio “A participación social na elaboración das políticas lingüísticas en Galicia”, unha análise comparativa dos procedementos seguidos en distintas iniciativas, que exporá Xaime Subiela, investigador social e consultor público.
Ás 12, programa Proxecta. Presentación do “Estudo de actitudes e opinións lingüísticas. Enquisa 2009 do Consello da Cultura Galega” Con Carlos Neira Cortizas.
Ás 12´30 horas, mesa de traballo sobre un fenómeno emerxente: “Redes sociais: novos vieiros de acción colaborativa da cidadanía”, con Alba Cid, investigadora da USC, e María Yáñez.(http://v1.anavallasuiza.com).
Ás 16 horas, José Manuel Sabucedo, profesor da USC, falará sobre “Actitudes cidadás e mobilización ante os problemas sociais”.
Ás 17´45, programa Proxecta. “Galeoke. O karaoke galego”. Con Xabier Seixo.
O primeiro día pecharase coa mesa de traballo “A acción colectiva pola lingua”, na que participarán os principais colectivos e plataformas comprometidas coa acción social a prol do galego: Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Valentina Formoso Gosende), ProLingua (Xabier P. Docampo), Cambia Galicia (Marcelino Fernández Mallo) e Queremos Galego (Carlos Callón).
VENRES 24
O segundo día comezará coa presentación “A Rede de Dinamización Lingüística” da Secretaría Xeral de Política Lingüística, coas intervencións de Cristina Rubal e Valentín García.
Ás 11´15, programa Proxecta. “Toupa net. Cultura para levar”. Sergio Lago e Txiki Calvo.
Ás 12´15 horas, presentaranse “Experiencias de intervención no sector comercial”, coas aportacións de Beatriz Bascoi, Concepción Cochón e Rosa Moreiras, dos Servicios de Normalización Lingüística dos Concellos de Ferrol, Pontevedra e Ames, respectivamente.
Ás 16 horas, Jesús Pérez Seoane e Alberto Dafonte Gómez, de Creatividade Galega, falarán sobre “A identidade como reclamo publicitario.
A xornada e os Encontros concluirán coa mesa de traballo “Mercado e Lingua”, que contará coas contribucións de Malú Bergantiños, de R, Iria Taibo (Abertos ao galego), un representate do Foro Enrique Peinador e Manuel Bermúdez, do Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago.
Os Encontros para a Normalización Lingüística, punto de encontro e foro de reflexión, estudo e debate da ampla variedade de asuntos relacionados coa promoción do idioma galego, están dirixidos aos e ás profesionais e estudosos/as da normalización lingüística, aos e ás estudantes e ás persoas interesadas pola problemática e as políticas lingüísticas en Galicia.
Coordinados por Henrique Monteagudo Romero e Susana Mayo Redondo, respectivamente Director e Coordinadora técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, contan tamén coa colaboración da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras da Normalización da Lingua.
A comisión organizadora está formada por: Manuel Bermúdez Blanco,
Concepción Cochón Rodríguez, Agustín Fernández Paz, Valentín García Gómez, Henrique Monteagudo Romero, Xoán Rivas Cid, Goretti Sanmartín Rei e Nel Vidal Barral.