----

As instalacións

A sede actual do Consello da Cultura Galega foi inaugurada no ano 1994, sendo presidente da institución D. Xosé Filgueira Valverde. A reforma desta parte da ala norte do Pazo de Raxoi foi levada a cabo polo arquitecto Pedro de Llano.

As instalacións do CCG contan cun Salón de Actos e unha Biblioteca con publicacións de referencia.

O fresco do teito da biblioteca é do artista Xosé Freixanes.

As fotografías das instalacións son da autoría de Pepe Ferrín. Pódense reproducir libremente acreditando esta autoría