O recital, con particular dedicatoria ao legado poético de Lois Pereiro, figura honrada este ano no Día das Letras Galegas, será protagonizado por Olalla Cociña, Manuel Rivas, Luís González Tosar, Marilar Aleixandre, Salvador Garcia Bodaño e Luísa Castro.
A presentación estará ao cargo de Xabier Castro Martínez, que dará lectura á carta de Irina Bokova, directora xeral da UNESCO. Falarán tamén o Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Roberto Varela, e o Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, quenes acompañarán na mesa ao Presidente do Centro PEN-GALICIA, Luís González Tosar.

