O Consello da Cultura Galega inicia no Museo de Pontevedra unha rolda de contactos con entidades culturais
22/11/2018
Varios membros da Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega realizaron esta semana unha visita ao Museo de Pontevedra. O equipo conformado pola presidenta, Rosario Álvarez; a secretaria, Dolores Vilavedra; a vogal, María Xosé Porteiro; e o xerente, Marcelino Fernández; mantiveron un encontro co director do Museo, Carlos Valle. A visita inscríbese nunha das liñas de traballo da nova Executiva, que ten previsto desenvolver un intenso programa de visitas e contactos coas principais institucións e axentes culturais de Galicia.