12-M.- César A. Molina, Luís Mateo Díez, Ángel Basanta, Vicente Araguas, Carlos Reigosa e Henrique Monteagudo falan en Madrid sobre Cunqueiro
6/6/2011
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2011.- O 12 de maio ás 19 30 horas na Sala Valle Inclán do Círculo de Bellas Artes de Madrid (rúa Alcalá, 42) terá lugar o primeiro dos faladoiros do programa do Centenario Cunqueiro (1911-2011) organizado polo Consello da Cultura Galega. Tres escritores (César Antonio Molina, Luís Mateo Díez e Vicente Araguas) e un crítico literario (Ángel Basanta), coordinados polo escritor e xornalista Carlos Reigosa, falarán de “Cunqueiro desde Madrid”. Presentará o acto, como representante do Consello da Cultura, Henrique Monteagudo, coordinador do "Programa Cunqueiro".