A candidatura a Patrimonio da Humanidade é o resultado dun intenso traballo colectivo no que o Consello da Cultura Galega (CCG) tamén achegou o seu gran de area. En 2018, o CCG elaborou un informe sobre a incoación de Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra no que apuntaba a singularidade deste espazo no que confluíron aspectos culturais e naturais que, de xeito independente, foron xerando unha paisaxe cunhas características que a fan única.


