No faladoiro sobre A obra poética de Álvaro Cunqueiro, que presentou Hemrique Monteagudo, membro do Plenario da institución e profesor da Universidade de Santiago, interviu tamén a profesora Tersesa López (Universidade da Coruña), que aludiu aos referentes poéticos do autor -Rosalía, Pondal, Amado Carballo e Mnauel Antonio- e dixo del que intentara dar resposta desde a poesía aos problemas do home.
Pola súa parte, Xosé Manuel Salgado, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, subliñou a fonda dimensión poética cunqueiriana. “Foi un excelente poeta e foino toda a vida”, afirmou.
Para conmemorar o centenario de Cuqnueiro (Modoñedo, 1911-Vigo, 1981) o Consello da Cultura Galega organizou un ciclo de once faladoiros sobre a súa obra literaria en todas as cidades galegas, ademais de Madrid e Barcelona. Ata o momento celebráronse en Madrid, Lugo e Santiago de Compostela. O próximo será o 7 de xullo en Ourense e versará sobre “Cunqueiro no galeguismo”. Nos meses seguintes haberá faladoiros en: Mondoñedo, Ortigueira, A Coruña, Barcelona, Pontevedra, Ferrol e Vigo.


