----

Premio Rosalía de Castro para Gciencia e 21 Días co Galego

O xurado do X Premio Rosalía de Castro de Lingua, que promove a Deputación da Coruña co obxectivo de recoñecer o labor de dignificación do noso patrimonio lingüístico, deu a coñecer os galardoados da súa décima edición. Nesta ocasión os premiados foron o xornal Gciencia, na categoría de colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega; e o proxecto 21 Días co Galego, como recoñecemento ao seu traballo coa mocidade.