Rosario Álvarez destacou que os obxectivos desta xornada coinciden con preocupacións da institución que preside e que, ademais, encaixa coa liña de acción transversal que presta atención aos países de lingua portuguesa. Nese ámbito destacou iniciativas recentes como a proposta “Dramaturxias itinerantes”, a edición deste ano de “No bico un cantar” e o ciclo “Repensar Iberia”.
Entre os participantes nesta cita destacaba a presenza da directora xeral da CPLP, Georgina Benrós de Mello, o director xeral de Relacións Exteriores coa Unión Europea, Jesús María Gamallo Aller, entre outras autoridades académicas e políticas.
O programa contemplaba unha primeira sesión dedicada á xuventude e mobilidade académica e unha segunda dedicada ao papel das diásporas na mobilidade, así como unha mesa na que participa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o vicepresidente da Academia Galega da Língua Portuguesa, Ângelo Cristóvão e a representante da Comissão Temática de Promoção e Difusão da Língua Portuguesa, Maria Helena Borges.


