----

O Concello de Nigrán edita unha unidade didáctica sobre o Samaín

Co gallo da celebración do Samaín, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Nigrán presenta unha unidade didáctica dirixida ao alumnado de educación primaria do municipio. Coñece o Samaín contén información sobre as orixes e as principais características desta festividade, así como actividades didácticas e lúdicas relacionadas co Samaín. Podes descargala en formato PDF desde o web do Concello de Nigrán.