----

O CEIP López Ferreiro convoca o “III Concurso de narración histórica” en galego

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca o III Concurso de narración histórica, dirixido aos escolares da Comunidade Autónoma de Galicia que ao longo do curso escolar 2019-2020 cursen estudos de 5º e 6º curso de Educación Primaria ou 1º ciclo da ESO. Os relatos deben ser orixinais, estar redactados en lingua galega e tratar sobre un suceso relevante da historia de Galicia, monumentos emblemáticos, tradicións ou lendas galegas. O prazo de presentación dos traballos remata o 29 de febreiro de 2020. Para consultar as bases completas do concurso, preme aquí.