Logo da conferencia inaugural, intervirá Thomas Harrington, de Trinity College de Hartford-Connecticut (EE.UU.), que falará sobre “Álvaro Cunqueiro: o derradeiro dos tradutores-mestre da Península Ibérica?”
Ás 13 horas está prevista a primeira mesa reonda (“Achegas á biografía cunqueiriana”) coas intervencións do escritor Xosé Luís Franco Grande e Rexina Vega e Xosé M. Dasilva, profesores da Universidade de Vigo.
Á primeira sesións de comunicacións terá lugar ás 16´30 horas e seguirálle ás 18 horas a mesa redonda “Cunqueiro e os medios de comunicación” na que será relatores Miguel Somovilla, director de comunicación da Real Academia Española, e os profesores Iago Castro (Universidade de Vigo) e Manuel Outeiriño (Universidade de Santiago de Compostela). Ás 19´30 horas Anxo Tarrío, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, dictará a conferencia “Álvaro Cunqueiro, unha mirada holística”, coa que rematarán as sesións da primeira xornada.
Máis información e programa completo en:
http://www.consellodacultura.org/evento.php?id=229


