A CTNL publica materiais de referencia sobre a avaliación de competencias lingüísticas
27/2/2020
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) publica en liña unha selección de documentos que foron difundidos no “Curso de avaliación de competencias lingüísticas para técnicos/as de normalización lingüística”, impartido por Manuel Núñez Singala en 2019. Se non puideches asistir a esta actividade formativa, agora tes ao teu dispor unha compilación de materiais de referencia entre os que atoparás criterios para a avaliación dos CELGA, especificacións para a elaboración de exames ou unha proposta de estrutura de exame de galego para presentar aos representantes institucionais.