Unha xornada propón unha axenda para o sector da danza
18/3/2020
Reconsiderar a presenza da danza tradicional e contemporánea no ensino; crear un conservatorio ou escola superior de danza de Galicia e recuperar o papel do Centro Coreográfico Galego como núcleo de referencia. Son algunhas das múltiples propostas que se abordaron na xornada “O estado da danza en Galicia”, organizada pola Sección de Música e Artes Visuais do Consello da Cultura Galega (CCG). Todas elas figuran no documento de conclusións asinado polas dúas cooordinadoras desa cita: Natalia Balseiro e Dolores Vilavedra. Ademais, nesta cita grabáronse diferentes entrevistas a profesionais dos sector que se poden consultar na web da institución.