O programa organizado polo Consello da Cultura Galega, amais doutras actividades e o congreso internacional “Mil e un Cunqueiros” recentemente celebrado en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, ten previsto aínda outro Faladoiro sobre a figura e a obra de Álvaro Cunqueiro a celebrarse en Vigo o próximo 1 de decembro.
Os anteriores faladoiros tiveron lugar en Madrid, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Mondoñedo, Ortigueira, A Coruña, Barcelona e Pontevedra.


