O primeiro, o martes 8 de novembro, “A pegada de París”, contou con Pedro Rodríguez (violín) e Miguel Ángel Gómez González-Vallés (piano) e obras de Manuel Quiroga, Pablo de Sarasate e Fritz Kreisler. Presentou Enrique Jiménez.
O segundo, o mércores 9 de novembro, “Manuel Quiroga: Composicións propias e dedicadas á súa figura”, con José Manuel Álvarez Losada (violín) e Andreu Riera Gomila (piano) e obras de Manuel Quiroga, Joaquín Nin e Eugene Ysaye. Presentará Luís Costa.
Manuel Quiroga Losada gañou en 1911, contaba 19 anos, o primeiro premio de violín do Conservatorio de París -galardón que antes só conseguira en España Pablo Sarasate- e iniciou unha carreira que o levou por España, Francia, Estados Unidos e outros países. En Galicia foi obxecto de afervoado recoñecemento por parte das Irmandades da Fala, de Castelao ou Valle Inclán.


