----

Escoita na Radio Galega os consellos da Profa para comezar a falar galego

O programa Galicia por Diante, da Radio Galega, incorpora unha nova sección este verán que ten como obxectivo gañar novos falantes para o noso idioma. A profesora Pilar Ponte, coñecida en Internet como “A Profa”, ocuparase todos os xoves do “Espazo da Profa”, onde presentará diferentes estratexias para comezar a falar galego. Este espazo radiofónico compleméntase coa conta de Twitter @oespazodaprofa, que che permitirá interactuar directamente coa “Profa”, comentar as súas propostas ou presentar as túas propias.