<em>Santiago de Compostela, 14 de julio de 2010.</em>- O Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou esta tarde a composición da nova Comisión Executiva, á que se incorpora Rosario Álvarez como vicepresidenta, e na que Xosé López asume as funcións de secretario, sustituíndo a Henrique Monteagudo. Francisco Díaz-Fierros continúa como Vicepresidente primeiro. O máximo órgano de goberno da institución aceptou tamén a incorporación, como membro electivo, do empresario e promotor cultural Alfonso Paz Andrade. Aprobou asemade un plan de austeridade económica e deu o visto e prace á creación dunha comisión interinstitucional sobre o Panteón de Galegos Ilustres e ao programa de actos conmemorativos do primeiro centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-1981). As propostas foron presentadas por Ramón Villares, quen ven de iniciar o seu segundo mandato (2010-2014) como Presidente do CCG.
<!--more-->
A reforma da Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega ten que ver coa asignación de novas tarefas de coordinación dos proxectos de traballo da institución. Presidida polo Presidente da institución, Ramón Villares, a Executiva queda integrada por Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Vicepresidente primeiro, que se ocupará das Seccións; Rosario Álvarez Blanco, Vicepresidenta segunda, que coordinará os Arquivos. A Secretaría é asumida por Xosé López García, ata agora Vicepresidente segundo, que sustitúe a Henrique Monteagudo Romero. Como xerente continúa Marcelino Fernández Santiago.
Rosario Álvarez é directora do Instituto da Lingua Galega (ILG), a quen representa no Plenario desde 2008. É catedrática de Filoloxía Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
ALFONSO PAZ-ANDRADE
O Plenario do CCG aprobou tamén a incorporación de Alfonso Paz Andrade, como membro electivo. O novo vogal foi Director-xerente do Grupo Pescanova durante 33 anos e preside o comité Executivo da World Fishing Exhibition e de Ibercisa. É membro do Consorcio da Zona Franca e da Autoridade Portuaria de Vigo, Presidente da Asociaciòn Española de Pesca e Vicepresidente de Caixa Galicia. É editor da revista “Industrias Pesqueras”, a publicación española máis importante do sector, e forma parte dos comités directivos das Fundacións Castelao, Neira Vilas, Luís Seoane, Caixa Galicia e Galicia-Europa, entre outras.
PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES
Por outra parte, o Plenario aprobou a creación dunha comisión interinstitucional “de estudo e proposta de acción futura sobre o Panteón de Galegos Ilustres”, na que estarán representados, ademais do CCG, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego e as Fundacións Rosalía de Castro, Alfredo Brañas e Castelao.
Na sesión tamén saiu adiante o programa de actividades conmemorativas do primeiro centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981), que incluirá exposicións congresos, publicacións e outras actividades divulgadoras de tan relevante figura da literatura galega.
O Plenario do CCG aprobou un plan de austeridade económica que supón unha reducción do 15 por cento nas asignacións por asistencia ás reunións de traballo por parte de vogais e directivos, que, polo demais, non perciben outra retribución.
O PLENARIO DO CCG
O Pleno é o máximo órgano de goberno do CCG. Está composto por membros natos e electivos.
Membro nato: Conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña.
Presidente: Ramón Villares.
<strong>Membros electos:</strong>
Por designación das institucións que forman o Consello da Cultura Galega:
José María Arias Mosquera.<em> Fundación Barrié de la Maza;</em>
José María Barja Pérez. <em>Universidade da Coruña;</em>
Xosé Ramón Barreiro Fernández. <em>Real Academia Galega;</em>
Juan José Casares Long. <em>Universidade de Santiago;</em>
Alfonso Novo Cid-Fuentes. <em>Instituto de Estudios Xacobeos;</em>
Francisco Díaz-Fierros Viqueira. <em>Seminario de Estudios Galegos (Vuicepresidente primeiro);</em>Carlos García Martínez. <em>Consello Galego de Museos;</em>
Rosario Álvarez Blanco. <em>Instituto da Lingua Galega(Vicepersidenata segunda);</em>
Julio Souto Jiménez. <em>Fundación Penzol;</em>
José Antonio García Caridad. <em>Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación;</em>
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. <em>Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento;</em>
Helena Villar Janeiro. <em>Fundación Rosalía de Castro;</em>
Tito Antonio Varela López. <em>Real Academia Galega de Ciencias e</em>
Ramón Yzquierdo Perrín. <em>Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario.</em>
<strong>Por elección do Pleno:</strong> Xosé López García (Secretario), Henrique Monteagudo Romero, María Xosé Agra Romero, Víctor F. Freixanes, Ramón Máiz Suárez, Iago Seara Morales,
María Luísa Sobrino Manzanares, Concepción Varela Orol,
Maximino Zumalave e Alfonso Paz-Andrade.
<strong>É Presidente de Honra do CCG o </strong>Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

