Así se acordou nunha xuntanza entre o Xerente do Consello da Cultura Galega, Marcelino Fernández Santiago, o coordinador da Sección de Patrimonio e Bens Culturais, Iago Seara e representantes de CRG
A asociación CRG explicou no Consello da Cultura Galega as accións que está levando a cabo en pro da conservación e restauración de bens culturais en Galicia así como a súa determinación en promover e favorecer a preservación do noso Patrimonio.
Igualmente, expresou a firme vontade dos asociados de velar pola calidade das restauracións e pola difusión das boas prácticas na conservación dos nosos monumentos e obras de arte, algúns deles declarados Patrimonio da Humanidad pola UNESCO.
Consello da Cultura Galega e CRE acordaron cooperar para impulsar o recoñecemento social dos distintos axentes profesionais que interveñen na conservación e restauración do Patrimonio Galego, así como promover accións e foros en pro da súa difusión e coñecemento.


