Xornadas sobre a revitalización lingüística e as boas prácticas para as linguas minorizadas
26/10/2020
A Deputación da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Malas Linguas, dirixidas principalmente ás persoas que traballan no ámbito da normalización lingüística e das políticas públicas, co obxectivo de deseñar estratexias para activar os/as falantes do século XXI. Neste 2020 as xornadas son en formato virtual e estrutúranse en dúas sesións abertas, que se desenvolverán os días 10 e 12 de novembro entre as 17:00 e as 19:00 horas, e unha sesión de traballo interna, restrinxida ao persoal técnico dos SNL, que terá lugar o 17 de novembro, de 10:00 a 11:30 horas. As sesións abertas poderanse seguir libremente a través de Youtube, mais para particiar no encontro ao vivo en Zoom cómpre inscrición previa.