<img src="http://consellodacultura.org/files/2010/06/atalaia-para-web.jpg" alt="" />
<em><div id="pedefoto">Seve Penelas, Ramón Villares e María Luísa Sobrino, no acto de presentación de Atalaia (Foto: CCG)</em></div>
<em>Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2010.</em>- ATALAIA. Arte Contemporánea en Galicia é unha iniciativa na rede da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, do Consello da Cultura Galega, aloxada no portal <a href="http://www.culturagalega.org/">www.culturagalega.org</a>, para ofrecer aos usuarios unha achega informativa inédita, actualizada e sistemática do contexto artístico actual en Galicia. No acto de presentación interviron: Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega, e María Luísa Sobrino e Seve Penelas, coordinadora e membro da Sección citada, respectivamente. “É unha mostra excelente do que queremos facer desde o CCG: proxectar a cultura e a imaxe actual de Galicia ao maior número posible de persoas”, afirmou Ramón Villares.
<!--more-->María Luísa Sobrino explicou que ATALAIA abre unha panorámica (ARTISTAS e OBRAS) sobre os creadores en activo máis representantivos, con obras e exposicións nos museos, centros de arte, fundacións, galerías e salas de exposicións, así como un arquivo (EVENTOS), que permitirá coñecer as actividades e programacións expositivas e recollidas nun directorio (ESPAZOS). Tamén hai lugar para outros recursos (PUBLICACIÓNS), para poder coñecer o que se está a editar en Galicia no eido das revistas de arte, catálogos, libros e todo o que facilite datos para a investigación e o coñecemento.
ATALAIA incluirá tamén un destaque cada día dun artista na portada (HOXE...); os proxectos de comisariado online (ITINERARIOS) nos que diferentes profesionais do sector farán unha escolma de 10 obras para trazar un percorrido persoal, explicadas con máis detalle en formato audio; e tamén a información relativa á arte contemporánea (NOTICIAS), procedente do traballo da redacción de culturagalega.org. Nun futuro próximo ampliarase con outros capítulos sobre o resto dos profesionais e recursos do sector, ademais dunha xeira de enlaces e ligazóns de utilidade.
ATALAIA está en <a href="http://www.culturagalega.org/">www.culturagalega.org</a>, o portal cultural do Consello da Cultura Galega, dirixido polo xornalista Mnauel Gago, que leva máis de dez anos de intenso traballo, informativo e de construción de soportais especializados: Audiovisual, Banda Deseñada, Literatura ou Música. Pode acceder a ATALAIA directamente nesta ligazón: <a href="http://www.culturagalega.org/atalaia/">www.culturagalega.org/atalaia</a>.
Do deseño de ATALAIA, xunto con Manuel Gago, encargáronse: Daniel López, Victor E. Pérez, Arantxa Pérez e Clara Rodríguez.
Da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, que coordina María Luísa Sobrino, forman parte: Camilo Franco, Federico López Silvestre, Carme Nogueira, Antón Patiño, Seve Penelas, Natalia Poncela, Miguelanxo Prado e Carlos Rosón.

