A xornada en liña convocada polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega pretende poner de manifesto a importancia da estatística que analiza a violencia de xénero. Desde o pasado día 13 de novembro no web do CCG están colgados os relatorios de cada unha das ponentes, destacadas especialistas e responsables nesta materia, xunto con diferentes documentos que permiten fornecer de ferramentas á cidadanía para o debate que terá lugar en directo mañá venres, 20 de novembro, desde o web da institución.
As cifras marco
María Debén Alfonso, responsable da Área de Igualdade e loita contra a Violencia de Xénero na Delegación do Goberno de Galicia, considera que “o endurecemento das penas nos casos de violencia de xénero non satisfará as expectativas da cidadanía”. A súa experiencia indica cara a outros camiños: coñecer a realidade, saber o que nos custa a violencia de xénero e que deixe de estar aceptada. A realidade empezou a perfilarse no ano 2003, cando comezaron a contabilizarse os casos de violencia de xénero, que entende como tal a violencia sufrida contra a muller a man da súa parella ou exparella. Queda fóra desa análise, a violencia sexual, e trata de mulleres e outras formas de violencia.
Os datos revelan cifras amplas, con 1069 mulleres martas a cargo de parellas ou exparellas desde o ano 2003. Desde o ano 2013 se contabiliza outra cifra, que é a de nenos e nenas que quedaron orfos como consecuencia da morte da súa nai e posterior suicidio de seu pai. A día de hoxe a cifra ascende a 265 nenos e nenas.
Ademais, en colaboración coa Universidade de Alcala, a Delegación do Goberno contra a Vilencia de Xénero, analizoron o ano 2016 como base para coñecer os custes reais dese tipo de violencia. Sumouse o custe sanitario, policial, legal, asistencial, laboral e fixose unha estimación tanxible e intanxible. A cifra suma 23.360 millóns de euros, o 0,8 do PIB, no conxunto de España e, se extrapolamos a Galicia, a cifra ascende a 1.350 millóns de euros. “Coñecer o custe pode reducir a aceptación social” afirma Debén.
A realidade galega
Na súa intervención, Belen Liste Lazara, subdirectora xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero da Xunta, destaca a peculiaridade dun delito que o 86% das vítimas confesa padecer pero só denuncia un 21%. Un 38% das mulleres que sufriron violencia de xénero non o denuncia por non concederlle a importancia debida, un 23% por medo, un 19% por vergonza, un 7% non quixo buscar problemas á súa parella, e 4% por presións na contorna familiar. “É un delito complexo e poliédrico e cómpre unha mellor formación no sector para poder atallalo” afirma Liste que explicou as follas de ruta e os diferentes programas deseñados desde a Xunta de Galicia encamiñados a, entre outras medidas, acompañar as mulleres durante o proceso de denuncia e os momentos posteriores, que como as estatísticas revelan, son momentos críticos na violencia de xénero. Tamén explicou a existencia de programas de apoio a menores orfos por crimes de vilencia de xénero; indeminacións económicas directas a menores.
Unha información máis ampla
Pola súa parte, María de Los Ángeles Carmona Vergara, presidenta do Observatorio contra a Violencia Domestica e de Xénero, incidiu novamente na “importancia dos datos para lacrar a violencia de xénero”. Non só pola obriga legal que os gobernos teñen trala sinatura do Concello de Istambul en 2011, senón porque “dan luz e son as ferramentas necesarias para propor medidas”. Desde o Observatorio que preside afirma que “nos últimos anos a evolución da denuncia é crecente. É unha boa noticia. Primeiro porque as mulleres confían nas institucións para dar ese paso tan difícil. E segundo porque trasladan a mensaxe de que non hai impunidade co maltrator”. A visibilización do número de condenas a agresores de violencia de xénero, do número de ordes de protección e de medidas cautelares contribúe a reforzar ese camiño de concienciación pública e de seguridade do noso sistema que contribúe a sacar á luz pública este fenómeno. “Examinamos toda a información para saber que pasa con esa muller que pon o pé no cuartel ou xulgado para presenta a denuncia e despois é asasinada” asegura Carmona.



