O IGADI afírmase no seu compromiso coa proxección exterior do galego
23/11/2020
Cando se cumpren xa 29 anos da súa creación, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) quere deixar constancia do seu compromiso fundacional co uso da lingua galega coa presentación da obra O mundo en galego. Comprender o global desde aquí. Trátase dunha publicación na que 17 analistas e especialistas galegos/as de recoñecido prestixio internacional reflexionan sobre a conveniencia de presentar a Galicia no exterior partindo do idioma galego, como parte consubstancial á nosa identidade. No web do IGADI podes obter máis información sobre esta iniciativa.