----

Presencia galega na Expolingua de Berlín

O 17 de novembro rematou a quinta edición de Expolingua en Berlín, que acolleu expositores de diversas comunidades españolas entre as que estaban Galicia, Cataluña ou as Illas Baleares.
(Máis información)

A feira das linguas máis importante de Alemaña é un punto de encontro para coñecer os programas de aprendizaxe de máis de 50 idiomas, entre os que se atopa o galego. Nesta edición, ademais de apoiar a promoción das linguas minoritarias, analizáronse as medidas de integración dos inmigrantes que descoñecen o idioma do país de acollida.


Pode obter máis información desta mostra na páxina en español de Expolingua