----

A Fundación Enclave debate sobre o plano

A Fundación Enclave organizou en novembro dúas mesas redondas sobre a elaboración do plano de normalización lingüística, e a utilidade da lingua na crecente globalización dos mercados e da cultura.
(Máis información )

Esquerda Nacionalista propuxo a través desta fundación diversos relatorios relacionados coa situación do idioma e da cultura galegas. A primeira mesa redonda tivo lugar o 26 de novembro, no Salón de actos de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo. Baixo o título Por un plano de normalización lingüística participativo, ofreceu as análises do director do Departamento de Galego da Universidade de Vigo, Henrique Costas, do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, e do secretario da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, Xosé González.


A cita seguiu o xoves 28 no Centro Cultural do Porriño, para debater sobre A lingua, unha industria (medio de apertura de mercados na mundialización e protección de postos públicos en Galiza. Nesta ocasión, contouse coas intervencións da cantora Uxía Senlle, o editor Antón Mascato e a profesora de portugués na EOI de Vigo, Silvia Capóm.