As xornadas do EBLUL tiveron lugar o 27 e 28 de novembro na Coruña e no local da Mesa en Santiago de Compostela. As mesas redondas ofreceron a análise dos delegados galego, catalán e vasco do Buró sobre a pluralidade lingüística española. Na sesión do mércores 27 tamén se expuxeron en Santiago as conclusións do proxecto Galbreus nos territorios de Galicia, Euscadi e Bretaña. Este proxecto analiza a situación dos idiomas minoritarios no ensino e noutros ámbitos, e propón medidas para a súa protección.
A última mesa redonda tivo lugar o 28 de novembro na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, e centrouse na situación sociolingüística de Asturias, Cataluña e Euscadi.
Pode obter máis información das actividades do EBLUL no seu sitio web.


