Ó longo deste ano, o Concello organizou diversas actividades para homenaxear a figura do Padre Sarmiento, como a escolla do Carballo de Santa Margarida en representación do Ano Sarmiento, ou a plantación de 25 carballos no Día da Árbore. Esta iniciativa pertence á campaña Mil primaveras, coa que se defende o medio natural, a cultura e o idioma galegos.
Co manifesto do mesmo nome consolídase o vínculo da Comisión Sarmiento coa cultura e o medio natural galegos.


