----

Os 41 300 nomes de Galicia

O Consello da Xunta de Galicia aprobou o 6 de febreiro os nomes oficiais das entidades de poboación da provincia da Coruña, co que se conclúe o nomenclátor principal de Galicia.

(Máis información)


















O decreto que aprobou a Xunta permitirá editar nun CD-ROM os 41 300 nomes referidos a entidades de poboación das catro provincias galegas. Esta publicación completarase coa recollida da microtoponimia galega, labor que desenvolve desde o ano 2000 o Proxecto Toponimia. Con este nomenclátor prevese a elaboración dunha base de datos e dun sistema cartográfico no que se poidan consultar as coordenadas xeográficas de cada topónimo.

Pode obter máis información do nomenclátor de Galicia no sitio web do Consello do 6 de febreiro e no da Xunta de Galicia