----

Premios Manuel Beiras

A terceira edición do Premio Manuel Beiras de normalización, que convoca o Concello de Santiago de Compostela, recoñece o labor a favor da difusión da lingua que realizan o xornal O Correo Galego e a empresa hostaleira Freire Chico, ademais do grupo Alcampo e da Fundación Galicia-Empresa.

(Máis información )

Nun acto que tivo lugar o venres 13 de decembro no compostelán Pazo de Raxoi, diversos membros do goberno local e representantes do xurado deste certame entregaron o galardón á Editorial Compostela, responsable da edición de O Correo Galego, que recibe a distinción polo esforzo de manter desde hai 9 anos un xornal na nosa lingua. No sector hostaleiro, recibiu o premio a empresa Chico Freire. Tamén se recoñece con este certame o emprego do idioma por parte do grupo Alcampo e a incorporación do galego no sector económico a través das empresas que forman parte da Fundación Galicia-Empresa.

Pode obter máis información desta edición no sitio web do Concello de Santiago de Compostela.