A concellería de Cultura de Vigo inaugurou a exposición o pasado 7 de xaneiro, con motivo do 90 aniversario de Fernández del Riego. No acto o galeguista presentou o volume Desde a miña fiestra, no que recolle a súa correspondencia con 13 intelectuais galegos como Castelao, Otero Pedrayo ou Vicente Risco.
Baixo o epígrafe Unha lenda viva repásase a producción cultural do fundador da Editorial Galaxia e ex presidente da Real Academia Galega.
Horario de visita:
- de luns a venres de 18.00 a 21.00 horas
- os sábados de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas
- os domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas.


