----

Atlas Lingüístico do Bierzo, segunda parte

A Casa de Cultura de Ponferrada acolleu a presentación do segundo tomo do Atlas Lingüístico do Bierzo, que dirixiu Manuel Gutiérrez Tuñón.
(Máis información)

O 31 de xaneiro tivo lugar a presentación do segundo tomo do ALBI, á que asistiu o director xeral de Política Lingüística, Xesús P. González Moreiras, ademais do profesor da USC, Francisco Fernández Rei, e director do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, Manuel González. A primera parte deste Atlas, que tamén foi coordinado por Manuel G. Tuñón, publicouse en 1996 e forma parte das diversas investigacións que promove o Instituto de Estudios Bercianos (IEB).

Pode obter máis información deste Atlas en Vieiros O Bierzo e no sitio web do IEB.