O Plan de Normalización Lingüística do Concello santiagués é o primeiro proxecto destas características a nivel galego no eido da Administración local, e propón medidas que fortalezan o uso do galego nestes ámbitos:
- o propio concello e as súas relacións cos cidadáns
- a cultura e o deporte
- a empresa
- os medios de comunicación
- a sanidade
- o ensino e a mocidade
- a relixión
O Plan Activa o galego é o resultado dun traballo que vén desenvolvendo desde o ano 2001 o Consello Municipal de Normalización Lingüística, no que se integran representantes de colectivos culturais e económicos da comarca compostelá.
Pode obter máis información deste documento no sitio web do Departamento de Lingua do Concello de Santiago de Compostela.


