Estas xornadas están dirixidas ó persoal dos servicios de normalización lingüística e servicios de traducción, ós investigadores/as especializados en sociolingüística galega, a estudiantes de filoloxía galega, traducción e informática e en xeral a todas as persoas interesadas.
Nesta sétima edición abordaranse os seguintes bloques temáticos:
1. Planificación e normalización lingüísticas no medio urbano.
2. A presencia do galego nas novas tecnoloxías.
3. A dinamización lingüística como proxecto empresarial.
A inscrición é gratuíta e todas as persoas que o desexen poderán matricularse entregando o formulario na sede do CDSG ou cubrindo a ficha de inscrición en liña.
- 1º prazo (ata o 17 de setembro): exclusivo para membros da Administración autonómica e socios da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua.
- 2º prazo (desde o 18 de setembro ata o 17 de outubro): aberto a todas as persoas interesadas.
Se desexa consultar o programa provisional, prema aquí.


