Os postos ofertados son os seguintes:
-2 técnicos de coordinación de traballo de campo de toponimia.
-1 técnico de gabinete de toponimia.
-1 programador.
-7 operadores de dixitalización.
Os/as interesados/as poden presentar a súa solicitude na sede da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia (estrada Santiago-Noia, km 3 – A Barcia, Santiago de Compostela) ata o día 20 do presente mes. As bases para a selección e contratación do persoal están á súa disposición no taboleiro de anuncios da Sociedade. Tamén pode consultalas desde o noso web. Se o desexa, descargue aquí o documento.
Máis información no teléfono 981 542 608.


