Segundo o publicado no DOG do 17 de xullo de 2003, os traballos deberán ser orixinais e inéditos en lingua galega, axustados á normativa oficial do idioma. O tema do traballo deberá estar relacionado co pensamento humanístico (lingua, literatura, antropoloxía, filosofía, historia).
O autor do ensaio premiado recibirá 3 000 euros e o Centro Ramón Piñeiro publicará o traballo na colección Cadernos Ramón Piñeiro.
Todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar os seus orixinais ata o 28 de outubro de 2003.


